venres, 19 de febreiro de 2016

Taller de blogues dos alumnos.

Despois de dous cursos traballando un poco coas TICs, consideramos que era boa idea que os alumnos crearan os seus propios blogues. 
A idea xurdiu este curso ao non ter libro de texto de Lengua. OS blogues terían que ser fundamentalmente dedicados a esta asignatura. Pero xa sabedes que a súa creatividade e a libre interpretación das ideas que lles transmitimos fan a súa reacción e o resultado é variopinto.
Podedes visitalos na columna da dereita, na etiqueta Blogues dos Alumnos de 6ºB

Na clase somos 25 e todos realizaron o seu traballo, pero hai 7 rapaces e rapazas que o enderezo que nos proporcionaron non abre o seu blogue.
Estamos á espera de que o solucionen e cando estén listos, tamén serán publicados.


Como profesora-titora estou moi satisfeita con eles por responder sempre ao que lles propoñemos.
Temos ainda moito que andar pero o camiño está iniciado.

Moitas grazas a todos !!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario